O modelo do transporte e as crises globais

xornadas2.jpg

A rede A Ría Non Se Vende, organiza en Vigo unhas xornadas sobre o modelo de transporte actual e a crise enerxética e financeira global. Comezaron 28 de Febreiro e continuarán 7, 13 e 14 de Marzo.

As xornadas, abertas a tódolos colectivos e xente interesada, versarán sobre a insustentabilidade do patrón de transporte dos nosos días, apoiado en infraestruturas impactantes no medio natural. Un modelo de transporte que impacta negativamente tamén na sociedade, que causa mudanza climática, e que perpetua un crecemento destrutor e consumista de enerxía e recursos naturais.

Así mesmo, debatirase en mesa redonda sobre a crise financeira global -que afecta especialmente ao sector da automoción, con perdas de emprego masivas-, sobre as medidas de rescate da industria automovilística e as axudas para promover o consumo e, por suposto, falarase tamén de posibles alternativas que están xurdindo e que son desoídas.

Un debate no que se prantexará se cómpre seguir mantendo artificialmente un sistema produtivista e inxusto (baixo a xustificación do emprego) ou se por fin chegou a hora de reprantexarse alternativas serias que dean resposta aos problemas actuais.

Sabemos que o crecemento ilimitado nun planeta limitado é algo irrealizable, polo que non parece disparatado reprantexarse o decrecemento de produción e consumo para recuperar o equilibro coa natureza e a xustiza social no Planeta.

Sábado 28 de febreiro
Razóns para estar en contra do TAV

Asemblea Anti-TAV de Euskal Herría + Grupo de Axitación Social
Local: AC CalEiDoSKopiO, 19h.

Sábado 7 de marzo
Mudanza Climática e Crise enerxética

Begoña C. Ríos (Verdegaia) + Manuel Casal (Véspera de Nada)
Local: Centro cívico de Teis, 19h.

Venres 13 de marzo
Transporte privado por Estrada: Plan Estratéxico de Infraestructuras e Transporte(PEIT) e Plano Vigo Íntegra.

Paco Segura (Ecoloxistas en Acción)+ Eliseo Baluja (A Ría Non Se Vende)
Local: Centro cívico de Teis, 19h

Sábado 14 de marzo
Mesa Redonda: A falacia do crecemento sustentable vs decrecemento

* Crise Financeira: medidas de rescate da banca e as multinacionais.
Tom Kucharz (Verdegaia)

*Alternativas á crise do capitalismo.
Jordi Calvo, (Centre Delás, Catalunya)

* Situación laboral do sector da automoción

* A teoría do decrecemento.
Xosé Reigosa (Salvemos Monteferro)

Modera: Montse Centelles
Local: Cristo da Victoria, Rúa Baiona 9, Coia, ás 19h.

Deixar un comentario