O tren, nas Corversas de Alén Nós
A Asociación Cultural Alén Nós, de Redondela, dentro do ciclo habitual de charlas, debates, etc, organizan as próximas Conversas de Alén Nós, que co título Transporte por ferrocarril e alta velocidade, tratarán aclararnos a situación actual en Galiza, destes medios de transporte, e cal pode ser o futuro de ámbolos dous medios. Logo da conferencia establecerase, como é costume nas Conversas de Alén Nós, un turno no que o público asistente podera plantexar as opinións, exposicións, preguntas, propostas, etc. que razonada, civica, respetuosa e ordenadamente considere.
Os conferenciantes invitados serán, Fernando Gómez Camarero, Coordinador Xeral da Plataforma Galega SALVA-LO TREN, e Rafael Camacho, representante da Sección Sindical da CXT do Ferrocarril de Pontevedra (integrante, tamén na Plataforma SALVA-LO TREN). Esperamos a vosa asistencia e participación activa, este venres, 17 de outubro, ás 20:00 hs. no Multiusos da Xunqueira (Paseo da Xunqueira, s/n) de Redondela.
Agradeceríase, que se sodes da Área de Vigo, imprimades o cartaz e o difundades, no voso barrio, ou nos medios (asembleas, xuntanzas, blogs, webs, xornais, radio, etc) das asociacións ou coletctivos nos que actuedes ou dos que participedes.




















Chúzao
del.icio.us
Bos días, son o administrador de S.O.S. Pontedeume ¡Denuncia!, un blogue que encárgase de publicitá-las desfeitas e cousas mellorables na vida dos eumeses.
Unha das cousas que nos preocupa é que o fondo das nosa ría estase a converter nun vertedoiro de todo tipo de lixo, baterías, rodas, bicicletas, motocicletas, etc..., polo que decidín dar un paso mais e tentar publicitar o noso problema pra ver si coa vosa axuda logramos amañar este problema xa que desde o concello non se toman cartas no asunto.
Esperando a vosa resposta e creendo que o asunto despertará o voso interese, recibide unha aperta.
Deixovos o link do artigo que puxen no blogue pra que lle botedes unha ollada.
Eumes — 17-10-2008 - 14:53:14 GMT 1