Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Powerboat P1: Un circo paleto, caro e destrutivo

salvemosmonteferro @ 12:23

pp.bmpA Ría Non Se Vende rexeita a celebración do campionato do mundo de barcos monocasco (Powerboat P1) en augas da ría de Vigo, por representar unha nova afronta e agresión á súa bioloxía e ecoloxía en xeral, unha temeridade, un atranco ó tráfico marítimo e un malgasto de diñeiro público.
Denunciamos que os arredor de 30 barcos monocasco, con 2000 Cabalos de potencia e velocidades de máis de 150 kms. por hora van provocar unha enorme contaminación acústica, tanto supra como submariña, e un elevado consumo de combustible, provocando así mesmo contaminación atmosférica con gases de efecto invernadoiro de clara incidencia no cambio climático.
A contaminación acústica submariña ten graves efectos sobre a fauna e particularmente sobre os mamíferos mariños, como os arroaces.
Así mesmo, ao celebrarse nas proximidades da estación marítima, tamén vai supor un atranco ó transporte da ría.
Por outra parte os máis de 300.000 euros que vai custar o evento nos parece un malgasto inxustificable en tempos de crise económica e o peor é que van ser sufragados con fondos públicos pagados polo Concello de Vigo e a Autoridade Portuaria.
Responsabilizamos ao goberno municipal de Vigo PSOE-BNG e á dirección do Porto desta nova afronta, que non muda acontecementos similares anteriores de gobernos pasados, e denunciamos que sen embargo non é de recibo que despois se nos diga que non hai diñeiro para comprar unha relíquia histórica coma o Hidria II.
Os mesmos organismos que non son quen de resolver os graves problemas crónicos que afectan á saúde desta ría, non dubidan en dilapidar grandes sumas de diñeiro promocionando actividades paletas e insalubres, circos aéreos e acuáticos que constitúen a antítese da educación medioambiental necesaria. E para iso desvían fondos que serían de gran utilidade para afrontar os enormes problemas que temos prantexados en gran parte pola súa incompetencia permanente.
A RÍA NON SE VENDE

Comentarios(2) »

  1. Ademáis de todo o que supón un deporte tan elitista e da alta suciedad como vén explicades máis arriba, o que tamén é digno de destacar e non esquecer é o papel das mulleres nestes grandes eventos, para mostra as fotos que hai na súa páxina...

    http://www.canalvigo.es/chicas-powerboatp1-vigo.htm

    Raquel — 14-09-2008 - 15:32:28 GMT 1

  2. terroristas, ide limpar o que emporcachedes na oficina de turismo de canovas de castillos. Non queremos pagar a vosas falcatruadas.

    un normal — 15-09-2008 - 17:15:13 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>