Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Crease a Plataforma Galega polo tren de cercanías

oar @ 21:13

coordinadora.JPGSegundo informacións recibidas do mesmo, Fernando Gómez Camarero, Coordinador da Plataforma polo Tren de Proximidade "SALVA O TREN", o pasado 28 de marzo contituiuse en Santiago de Compostela, esta plataforma.

Nela defendese a permanencia do Tren Rexional ata que aproben o estudo e posta en marcha do tren de Proximidade para Galicia, "dado que, ata a data, non teñen previsto outra cousa que o AVE para Galicia".

Polo de agora a plataforma está composta polos seguintes colectivos: Coordinadora Tren Rexional, Sindicato de Estudantes, Sindicato Ferroviario da Confereración IntersindicalCGT (SFF-CGT de Pontevedra, STOP Accidentes, ADEGA, Verdegaia, Amigos da Terra, Asociación Universitaria Ambiental SYME e Matar por Matar NON,ainda que segue aberta a adhesións de novas asociacións.

Unha das primeiras accións que acordaron levar acabo foi reunirse o pasado 4 de abril, con representantes dos sindicatos maioritarios (CCOO, CIG e UGT).

A plataforma tamén ten convocado unha Manifestación en Santiago de Compostala para o mércores, 7 de Maio, ás 20:00 horas, na la Alameda. "Nun principio estaba convocada para o 29 de Abril, pero este luns tivemos que cambiala porque, sen nos sabelo, os estudantes convocaran o mesmo día unha folga xeral, a consecuencia das Taxas Universitarias".

Para máis información podedes pinchar en www.salvalotren.tk (páxina non actualizada a data de hoxe) ou chamando ó coordinador, Fernando Gómez, ó 649183521

Comentarios(3) »

  1. Viva o tren galego "manque pierda". Temos o tren máis chulo ebonito da península. Mais tamén o máis lento. Máis lento incluso co tren de cercanías checo. salvemos otren de cercanías e fagamos que chegue a todos os lugares...>

    ali babá — 17-04-2008 - 19:14:10 GMT 1

  2. Entonces,
    qué es esto ...

    Casi a un tiempo, el presidente de la Xunta contradijo al de la Confederación Hidrográfica del Norte y aseguró este miércoles que del gasóleo vertido por Renfe "no llegó nada" al Miño; mientras en Ourense el conselleiro de Medio Ambiente, hacía lo propio y aseguraba que por la Depuradora de Reza se vertía, a lo sumo, dentro de los parámetros permitidos. Sin embargo, en una distancia río abajo no superior a los 100 metros y no inferior a los 50, aparecían la mañana de este miércoles "balsas" de residuos muy similares a las que hace un tiempo "transportaba" el Miño cuando Renfe vertía sin el menor escrúpulo desde sus talleres de Peliquín

    gonzalo blanco — 01-05-2008 - 01:29:54 GMT 1

  3. Renfe non só deixa a Galiza sin tren se non que tamén gusta de emporcallar o río Miño...

    Ali Babá — 04-05-2008 - 20:37:53 GMT 1

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>