Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

URXENTE: Alegacións canteira de Mondariz

oar @ 17:17

Foxo lobosAmigos da Terra precisa recoller o maior número de alegacións posibles para entregar contra a inminente construción dunha canteira en Coto de Eira, Concello de Mondariz. Alí se atopa o único foxo de lobos que se conserva en Galicia. Estos foxos eran métodos moi antigos para a captura de lobos e outros animais salvaxes polo 'método do acoso'. Estase solicitando a declaración de Ben de Interese Cultural (BIC) á Consellería de Cultura e á Consellería de Medio Ambiente por canto o estudo de impacto ambiental presentado pola empresa correspondente, ignora no seu proxecto este complexo etnográfico, de alto valor cultural e patrimonial.

É necesario recoller un gran número de Alegacións. Así que procurade, de ser posible, fotocopialas e distribuilas entre os vosos amigos, familiares e compañeiros de traballo. Se podedes, achegadeas en persoa ó Concello de Mondariz, ou ben remitilas á asociación por correo postal a Montse Valencia, Amigos da Terra, Rúa Capitán Eloi, 20 2º esquerda; 31003 Ourense).

O prazo final de recepción en Amigos da Terra-Ourense, é o 13 de marzo. Os representantes dos grupos ecoloxistas personaranse en Mondariz o sábado 15 para a súa entrega.

Graciñas!

alegacion_adt.doc

Non hai Comentarios »

Deixar un Comentario


<a href> <em> <blockquote> <strong> <cite> <code> <ul> <li> <dl> <dt> <dd>