Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Manifestación en Vigo contra a macrodepuradora

edicosal — 20-02-2009 GTM 1 @ 00:48

2.jpg

POR UNHA RÍA LIMPA E VIVA

A ría de Vigo presenta uns índices de contaminación alarmantes. Parte de esta contaminación é debida aos metais pesados, moi nocivos para a saude, que proveñen das industrias.

Na cidade mais industrializada do país, as aguas industriais da maioria das empresas non se tratan e van, xunto coas aguas residuais urbanas e as pluviais, cara unha depuradora que está preparada para tratar exclusivamente a materia orgánica das aguas domésticas, polo que a contaminación vai, cada dia, en aumento e pode chegar o momento en que o peixe e o marisco da ria nom se podan comercializar por ser nocivos para a saúde.

Ler máis »

OURENSE, CORRUBEDO E COMPOSTELA, 5º, 6º E ÚLTIMO CONCERTOS DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE

edicosal — 09-02-2009 GTM 1 @ 13:05

cartaz-de-ourense.jpg

cartaz-de-corrubedo.jpg

cartaz-de-compostela.jpg

Últimas paradas da Caravana de concertos de Galiza Non Se Vende:

Xoves, 12 de febreiro en Ourense un concerto especial de entroido no dia de compadres do entroido ourensan: con actividades desde as 18:00 con obradoiro de compadres na rua do paseo, ás 19:45 Desafio: Capitalismo-Terra na rua do Paseo con rolda de prensa incluida, ás 20:00 pasaruas con percusión e malavares até o Grándola, na Praza San Marcial, ás 20:15 Repichoca de compadres-GNSV no Grándola con Algaravia e Gomes Mouro, ás 21:15 Pasaruas con percusión e malavares até o Auriense na Praza do Correxidor, ás 21:30 concerto no Auriense cos grupos: Guezos e Airas e ás 24:00 Persecución de compadres desde o Faíscas na rua Lúa.

Sábado, 14 de febreiro en Corrubedo, ás 22:00 na Sala Sursumcorda, onde actuarán os gruposs: Os Jalochos, Charanga punki, os Chiquiliquatres, e Inllorfeis.

Domingo 15 de febreiro en Compostela, último concerto de esta caravana, coincidindo coa manifestación nacional de Galiza Non Se Vende, ás 17:30 na Sala Nasa. Onde tocarán os grupos: Os da Ría, The Homens, Quempallou e Dakidarría.

15 de febreiro: Manifestación Galiza Non se Vende

salvemosmonteferro — 07-02-2009 GTM 1 @ 17:35

mani-de-gnsv2.jpgCOMUNICADO DE CONVOCATORIA

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos a nosa máis enérxica protesta ante o desolador panorama que deixa este goberno disfrazado de progresista coas súas políticas ambientais e sociais que están arruinando Galiza, destruíndo a súa paisaxe, os seus recursos naturais, o patrimonio cultural e a biodiversidade. Políticas ambientais e sociais que significan a continuación das de gobernos anteriores no triste camiño de entregar o país, os seus recursos e a súa identidade, ás grandes empresas multinacionais e aos grandes intereses económicos, utilizando o gasto público para alimentar este obsoleto, inxusto e insustentabel modelo económico e social.

Porque outro xeito de facer é posibel, a cidadanía galega sairá á rúa xunta (e revolta), o dia 15 de febreiro nunha grande manifestación nacional en Compostela, que partirá ás 12 da mañá da Alameda, baixo o lema:

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

A lista dos obxectivos e puntos de denuncia é, por desgraza, longa e variada.

Céntranse no corazón magoado da nosa realidade natural e social: Esquecemento interesado das persoas máis necesitadas economicamente, marbellización do litoral, recheos e contaminación das rías, degradación dos ríos, plano acuícola devastador das zonas costeiras mellor conservadas, portos deportivos que enmascaran urbanizacións e apropiación privada da costa, caos eólico, destrución e privatización da terra pola cobiza de graniteiros, louseiros e outras minarías; campos de golf, eucaliptización, cultivos transxénicos, industrias nocivas e perigosas, parques industriais desproporcionados e sen planificación, sistema de transportes irracional, depredador e insostíbel; urbanismo salvaxe, deterioro dos núcleos históricos das vilas, especulación xeralizada, macroáreas metropolitanas engulidoras e centralizadoras do territorio, extinción programada da agricultura e da pesca artesanal, abandono e destrución do rural, pobreza de espazos naturais protexidos e nulo respeito polos que hai, desprotección do patrimonio cultural, especialmente do arqueolóxico…

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE expresamos as nosas ganas de vivir e de recuperar e potenciar os espazos e coñecementos que nos serviron durante séculos, para que nós e as persoas que veñan despois teñamos un futuro garantido. Por iso artellamos unha rede de colectivos e proxectos realmente alternativos e conscientes, ante a incapacidade e covardía duns gobernantes que renuncian a deter esta tolemia, para procurarnos estratexias válidas para poder seguir vivindo na nosa terra e da nosa terra sen necesidade de esmagar ao resto do mundo e ás xeracións futuras.

As persoas que berramos GALIZA NON SE VENDE temos moi claro que non imos quedar indiferentes ante falsos discursos de cidadanías e democracias cando se nos criminaliza por ser cidadás e cidadáns e expresar o que pensamos, non imos quedar indiferentes cando nos seus discursos baleiran de contido as palabras, mentres agochan detrás actuacións cheas de parcialidade.

Por todo isto é necesaria a presenza de todas e todos o domingo 15 en Compostela, na Alameda ás 12:00 do mediodía.

GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE

Terra viva e vida digna para tod@s!

FERROL 4º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE

edicosal — 02-02-2009 GTM 1 @ 23:08


cartaz-caravana-ferrol.jpg

O próximo sábado dia 7 de febreiro, a Caravana de Galiza Non Se Vende fai unha parada no Ferrol, cun pasaruas, polas ruas de Ferrol, desde as 19:00 e un grande concerto na Sala Run Run, ás 22:00. Actuarán os grupos: Vai (músicas do mundo) e Deskartes band (Ska desde Ponteareas)

Por un cambio de rumo nas políticas ambientais e sociais de este pais, o domingo 15 de febreiro, coincidindo co derradeiro concerto da Caravana, os 57 colectivos que formamos a rede de Galiza Non Se Vende convocamos unha manifestación nacional en Compostela, que sairá ás 12:00 da alameda. E terá o lema:
GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE
O 15 de febreiro tod@s a Compostela

O 15 DE FEBREIRO TOD@S Á COMPOSTELA

edicosal — 29-01-2009 GTM 1 @ 14:27
1-mani-gnsv.jpg
Os 57 colectivos que formamos a rede Galiza Non Se Vende convocamos unha manifestación nacional en Compostela, o domingo dia 15 de febreiro, que saira ás 12:00 da Alameda co lema:
GOBERNE QUEN GOBERNE
GALIZA NON SE VENDE

3º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE

edicosal — 26-01-2009 GTM 1 @ 19:34

O próximo sábado dia 31 de xaneiro, a Caravana de Galiza Non Se Vende fai unha parada en Ponteareas, cun grande concerto no Centro Social O Fresco, ás 21:00 e con entrada de balde.

cartaz-de-ponte-areias.jpg

Por un cambio de rumo nas políticas ambientais e sociais de este pais, o domingo 15 de febreiro, coincidindo co derradeiro concerto da Caravana, os 57 colectivos que formamos a rede de Galiza Non Se Vende convocamos unha manifestación nacional en Compostela, que sairá ás 12:00 da alameda. E terá o lema:
GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE
O 15 de febreiro tod@s a Compostela

2º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE

edicosal — 20-01-2009 GTM 1 @ 02:18
O próximo sábado dia 24 a caravana de Galiza Non Se Vende chega a Coruña cun novo concerto, no que actuaran os grupos: A Magnifique Bande dos Homes Sen Medo, Ulträqäns e Samesugas.

Terá lugar na Casa das Atochas, no bairro de Monte Alto ás 20:30

corunha.jpg

GOBERNE QUEN GOBERNE GALIZA NON SE VENDE

Contra as polítcas ambientais e sociais deste goberno que estan arruinando o país, contra a destrucción da paisaxe, dos recursos naturais, do patrimonio cultural e da biodiversidade, o urbanismo caótico, as infraestruturas de transporte irracionais, as piscifactorías, os campos de golf, os portos deportivos, os encoros, os parques eólicos indiscriminados, os paseos marítimos e fluviais de formigón, os recheos e a contaminación das rias e ríos, os monocultivos de especies exóticas e invasoras, as empresas contaminantes, as canteiras e minas devastadoras, o nulo respecto polas figuras de protección ambiental e os espazos naturais protexidos…

Por un cambio de rumo e por unha Terra viva e unha vida digna para tod@s.

1º CONCERTO DA CARAVANA DE GALIZA NON SE VENDE

edicosal — 29-12-2008 GTM 1 @ 15:51

Galiza Non Se Vende sae á rua cunha caravana de concertos reivindicativos en 8 cidades e vilas galegas. O primeiro será o día 3 de xaneiro en Vigo, na Fabrica de Chocolate (Roxelio Abalde, 22) ás 21:00.

cvigo.jpeg

O goberno “bipartido” da Xunta, lonxe de marcar distancias coas viciadas e denostadas políticas anteriores, segue apostando por un vergonzoso continuísmo, caendo nas mans do capitalismo máis depredador en vez de apostar decididamente por estudar e aplicar modelos de sustentabilidade ecolóxica e xustiza social acordes coas demandas de Galiza e d@s galeg@s. Mesmo a actual crise pon de manifesto a febleza de este sistema económico que socializa as perdas das grandes empresas e privatiza as ganancias.

Ler máis »

Delicto ambiental en Monteferro

monteferro — 22-12-2008 GTM 1 @ 12:33

puzzle.jpg

O colectivo Salvemos Monteferro ven de denunciar como delito contra o medio ambiente as ilegais e masivas cortas de arborado que se produciron nese espazo protexido durante as últimas semanas.

A primeira denuncia, presentada en novembro ante o Concello de Nigrán pola vulneración da protección que para ese lugar dictan as Norma Subsidiarias en vigor, tardou 36 días en desembocar na paralización cautelar dos traballos por parte de Xunta e Concello. Cinco semanas nas que as cortas seguiron a un ritmo trepidante, levándose por diante centos de árbores, para logo chegar á conclusión de que os autores da desfeita non contaban con ningún dos permisos preceptivos.

Por iso, na última denuncia presentada ante a Garda Civil (Seprona), solicitan “que se abra unha investigación para determinar en quen reside a responsabilidade de todas estas actuacións: tanto a que corresponda á Comunidade de Montes, autora material das cortas, como a dos que as autorizaron (se fora o caso), ou a dos que non as impediron tendo a obriga de facelo”.

Esta é a cuarta ocasión na que este colectivo denuncia cortas ilegais no mesmo monte. Na última, en marzo pasado, o Concello de Nigrán abriu un expediente á Comunidade de Montes por idéntico motivo, tras paralizar outra tala ilegal.

“Chove sobre mollado, afirman, e compre que dunha vez por todas se depuren as distintas responsabilidades. Ese é o camiño no que agora andamos, e por el seguiremos ata onde haxa que ir”.

Toda a información en www.salvemosmonteferro.org:

O BOSQUE DE MONTEFERRO,
CRONICA DUNHA MORTE PROFETIZADA

VIGO ÍNTEGRA NON, CARRÍS BICI SI

salvemosmonteferro — 05-12-2008 GTM 1 @ 01:17

VIGO ÍNTEGRA NON:

far.jpgA asemblea semanal de colectivos da Rede A Ría Non Se Vende valorou moi positivamente a resposta cidadá á manifestación do pasado domingo día 30 en Vigo que, baixo o lema
"O asfalto non é progreso: Pola retirada do Plan Vigo Íntegra",
congregou a máis de 1.000 persoas a pesar do frío e da chuvia persistente.

CARRÍS BICI SI:

Ante o publicado nalgún medio de comunicación, A Ría Non Se Vende quere deixar ben clara a súa postura totalmente favorable aos carrís bici, posicionamento que xa quedou explicitamente expresado no documento de convocatoria da manifestación, onde figura nun lugar destacado entre as alternativas que propoñemos ao Plan Vigo Íntegra.

voz2.jpg

O Plan proxecta unha única actuación deste tipo, entre Vigo e A Ramallosa. Nós promovemos a creación dunha rede de carrís bici que conecte toda a cidade de Vigo e que a enlace coas parroquias, vilas e comarcas da contorna, garantindo así a seguridade necesaria e facilitando o uso da bicicleta como medio de transporte. Polo tanto sobra dicir que estamos a favor dese carril bici, sumado a moitos máis, que conformen unha alternativa ao transporte motorizado privado. Algo factible e desexable que xa existe nun alto porcentaxe de cidades europeas e nalgunhas cidades do estado español. Aquí o único que falta é vontade política para implementala.

Se a isto se sumase unha boa rede de transporte público, urbano e interurbano, estariamos máis cerca do modelo de mobilidade e transporte que nós propomos, radicalmente diferente ao recollido no plano, absolutamente insustentábel e obsoleto.

O Plan Vigo Íntegra pretende construír 243,8 quilómetros de novas autovías e 82,4 quilómetros de estradas, sendo ese pequeno carril bici, de 15 km de longo, a única actuación que non vai exclusivamente dirixida a fomentar o uso do automóbil. Darlle tanta relevancia e protagonismo a ese carril é, como mínimo, pouco rigoroso dada a súa insignificancia dentro da magnitude do Plan.

A RÍA NON SE VENDE

A Manifestación na prensa: La Voz de Galicia,Faro de Vigo, El País,
Atlántico Diario, Galicia Hoxe, Vieiros, Xornal.com

Ler comunicado final manifestación