Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Greenpeace pide a paralización das obras do porto deportivo de Massó e demanda un proceso de diálogo ao Concello e á autoridade portuaria

edicosal — 26-07-2009 GTM 1 @ 13:04
En relación coa actual situación xerada en Cangas polas obras do porto deportivo de Massó, a organización ecoloxista Greenpeace pide a paralización inmediata das mesmas polo grave impacto ecolóxico que o recheo ocasionará na área, e as perdas irreversibles para a explotación pesqueira e marisqueira. Greenpeace pediu ás autoridades, en relación coa detención de dezaseis veciños o pasado luns, que deixe de perseguirse aos que defenden o medio ambiente.

A pesar do seu gran impacto e as manifestas irregularidades na tramitación administrativa, Residencial Mariña Atlántica comezou as obras de recheo para a construción dun porto deportivo de 420 prazas, nunha zona pesqueira e marisqueira de gran valor biolóxico na que a Confraría de Pescadores de Cangas ten autorización para faenar (extráese sobre todo ameixa loura e navalla)desde 1972.

Ler máis »

A Asociación Pola Defensa da Ría de Pontevedra solidarízase cos detidos en Cangas

edicosal — 26-07-2009 GTM 1 @ 13:01

Diante da desproporcionada e inxustificada intervención onte en Cangas dos axentes antidisturbios da Garda Civíl contra as persoas que dun xeito pacífico amosaban o seu desacordo coas obras de construción dun porto deportivo nos terreos da antigua fábrica de conservas Massó, a Asociación pola Defensa da Ría de pontevedra (APDR) quere facer público o seguinte comunicado:

1º.- Solidarizámonos cos detidos e feridos nesa intervención policial e amosamos o noso apoio decidido a todas cantas persoas e colectivos manifestan a súa oposición á costrución do antedito porto deportivo e, xa que logo, loitan pola defensa da ría e do medio ambiente natural. Por desgraza, son moitas as agresións que o noso medio está a sofrir a cotío e moitas tamén as ocasións nas que os intereses económicos e especulativos duns poucos son primados desde as administracións en contra dos dereitos da maioría a disfrutar da paisaxe, do medio ambiente e dunha calidade de vida digna.

Ler máis »

COMUNICADO DE GNSV, SOBRE AS DETENCIÓNS EN MASSÓ

edicosal — 26-07-2009 GTM 1 @ 12:58

Galiza Non Se Vende. 20 de xulho 2009. Cangas

BRUTAL INTERVENCIÓN DA GARDA CIVIL EN CANGAS - MASSÓ

20508.jpgDEZASEIS PERSOAS DETIDAS

Hoxe en Cangas, unha vez máis, a intención de reiniciar as obras en Massó tinguiuse de violencia e represión, pero desta vez rebasou tódolos límites. Dende primeira hora da mañá, numerosas veciñas e veciños de Cangas, e membros de colectivos sociaise e ecoloxistas, que facían garda no Salgueirón, como cada mañá, para impedir as obras ilegais do porto deportivo de Massó, foron agredidos violentamente e detidos pola Garda Civil.
A rede Galiza Non Se Vende amosa a súa indignación por este novo acto autoritario, que criminaliza toda protesta lexítima en defensa dos valores da ría, e denuncia que, unha vez máis, a Garda Civil está a protexer intereses privados, protexendo unha obra ilegal con enorme impacto sociambiental, en vez de protexer e tutelar o interés xeral e colectivo e o respecto á legalidade vixente.

Ler máis »

Luns 20, 16 detid@s en Massó por defender a Ría

edicosal — 26-07-2009 GTM 1 @ 12:46

Detencións en Massó, CangasO luns 20 de Xullo á mañá efectivos da Garda Civil detiveron a 16 activistas pertencentes á rede Galiza Non Se Vende cando se atopaban nas inmediacións das obras do porto deportivo que se están a desenvolver na antiga fábrica de Massó. Algúnhas das persoas detidas foron golpeados polas forzas da orde e posteriormente trasaladad@s a dependencias policiais. Seis d@s detid@s tiveron que pasar a noite no cuartelillo.

Ler máis »

Este sábado 20-X, tod@s a Cangas

edicosal — 16-06-2009 GTM 1 @ 00:03

massoazulimpre.jpgManifestación en Cangas o sábado 20 de Xuño, ás 20:00. Saída da Alameda Vella

S.O.S. Massó

atentado ecolóxico

perda de 500 empregos no mar

o máis grande pelotazo especulativo de galicia

privatización do mar e o litoral

Ler máis »

MARCHA CONTRA CELULOSAS, SÁBADO 13 DE XUÑO

edicosal — 10-06-2009 GTM 1 @ 15:17
Marcha contra celulosasA ASOCIACIÓN POLA DEFENSA DA RÍA DE PONTEVEDRA CONVOCA ESTE SÁBADO 13 DE XUÑO:
A MARCHA CONTRA CELULOSAS
SAÍDA ÁS 19:30 DAS ALAMEDAS DE MARÍN E PONTEVEDRA
AO REMATE: POLBADA NA PRAZA DA PEDREIRA

Colabora conosco! Nos mirarás polo serán na Praza da Peregrina

POR UN MODELO DE DESENVOLVEMENTO SUSTENTABLE QUE
PERMITA A CREACIÓN DE POSTOS DE TRABALLO NA COMARCA

PORQUE A RECUPERACIÓN DA RÍA, DA SAÚDE E DOS POSTOS DE TRABALLO NON PODE AGARDAR MÁIS: HOXE MÁIS QUE NUNCA, CELULOSAS-ELNOSA FÓRA DA RÍA!!!

CANGAS: COMUNICADO de LUITA VERDE sobre as OBRAS de MASSÓ

salvemosmonteferro — 02-06-2009 GTM 1 @ 14:34

foto403.jpg

Luita Verde rexeita as obras que en Cangas está promovendo a empresa Puentes y Calzadas a traveso da empresa subcontratada EXCONGAL S.L. de remodelación do antigo peirao de Punta Balea, no que antigamente era o complexo conserveiro da empresa Hnos. Massó, xa que significan o comezo da construción do porto deportivo proxectado dende o ano 2004, e agora baixo prorroga do “lobbie” inmobiliario Residencial Marina Atlántica onde a parte de Puentes y Calzadas tamén están integradas Caixanova e o empresario vigués Ubaldino Rodríguez Bello.

Ler máis »

O 31 de Maio tod@s a Vigo, o 5 de Xuño tod@s a Ferrol

edicosal — 26-05-2009 GTM 1 @ 09:55

Mobilizandecións de aliza Non Se Vende en Ferrol e Vigo

Desde Galiza Non Se Vende queremos denunciar os contínuos maltratos e agresións que soporta o noso litoral, fruto da especulación salvaxe e deste modelo depredador de crecemento economico, que equipara medre e benestar social.

Por desgraza, todos os gobernos que pasan pola Xunta seguen unha política “desarrollista” de explotación dos nosos recursos naturais para reducilos a mera condición mercantil. Os costes deste desenvolvemento económico son a destrucción da natureza.

Ler máis »

Comunicado de A RÍA NON SE VENDE sobre a Cidade do Mar na ETEA

salvemosmonteferro — 08-05-2009 GTM 1 @ 21:23

O día 30 de abril, rematou o prazo para a entrega de alegacións ao Plan sectorial da Cidade do Mar. Este Plan pretende que este complexo científico-tecnolóxigo se converta nunha referencia europea dentro do ámbito da investigación mariña.

Bonitas palabras baleiras, porque o mesmo Plan inclúe a construción doutro porto deportivo no litoral de Teis e polo tanto a destrución do ecosistema da histórica praia de Ríos e do seu banco de ameixa fina, xuntamente coa ocupación de 155.550 m2 de lámina de auga, máis superficie que a terrestre que é de 115.050 m2.

Esta actuación suporía o dragado da praia convertendo o litoral nun gran aparcamento de barcos de recreo.

Resulta inadmisible que en primeira liña do litoral, e para uso do porto deportivo, se permitan edificacións de baixo e tres alturas, e que se constrúa un vial de uso restrinxido para o acceso aos peiraos e á zona náutico-recreativa.

O estudo do documento revélanos o que xa era coñecido: o deslinde da ETEA está mal feito, porque non incorpora como Dominio Público Marítimo-Terrestre, todos os recheos, os edificios sobre eles construídos e os cantís, tal como se regula no artigo 4 da Lei de Costas.

Dende A Ría Non Se Vende esiximos que o proxecto da Cidade do Mar, respecte o mar e deseñe o litoral da ETEA como a continuación da praia da Punta, polo que o seu tratamento debe recoller as actividades propias das praias: bañarse, estar, pasear, navegar, pescar, mariscar, tomar o sol etc., tal como estipula o artigo 31 da Lei de Costas.

É incomprensible que a construción da Cidade do Mar destrúa o mar, que o privatice e nos roube o litoral que é de todos e todas, para o disfrute de só uns poucos.

A RÍA NON SE VENDE