Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

11 de setembro: Trascendental xornada de loita en defensa do Salgueirón

salvemosmonteferro — 12-09-2009 GTM 1 @ 11:03

flota_bajura_ria_vigo_puerto_masso.jpgPARO TOTAL DA FLOTA DE BAIXURA E DAS LONXAS DA RÍA DE VIGO

CENTOS DE BARCOS SE CONCENTRARON NO SALGUEIRÓN E UNHA MANIFESTACIÓN PERCORREU AS RÚAS DE CANGAS

O de onte foi outro día importante na longa loita de Cangas en defensa do Salgueirón. Unha loita que xa non é só de Cangas senón de toda a ría, porque onte toda a Ría de Vigo estivo alí, diante da antiga fábrica de Massó.

O seguimento da folga convocada esixindo a paralización inmediata das obras do porto deportivo foi total. Tódalas lonxas da ría permaneceron pechadas, coa excepción da de Vigo onde só se descargou pesca de altura. A flota pesqueira, bateeira e marisqueira permaneceu amarrada ou concentrouse na zona do Salgueirón, onde máis de duascentas embarcacións procedentes de tódolos portos da ría, e algúns de fora dela, fixeron sonar as súas sirenas insistentemente desde as 11 da mañá. Mesmo había un barco da Garda Civil que tamén se quixo sumar á xornada reivindicativa. Menos este, todos os demais lucían bandeiras nas que se podía ler “Caixa rouba: Stop Massó” e moitos portaban grandes faixas con distintas consignas.

11sa.jpg En terra centos de persoas acudiron a recibilos entre aplausos e berros de “goberne quen goberne Massó non se vende”, respondendo así á convocatoria de A RÍA NON SE VENDE a pesar de tratarse dun día laborable.

Ler máis »

Comunicado de "A Ría Non Se Vende" sobre a ilegalidade da construción dos Silos no recheo de Bouzas

edicosal — 10-09-2009 GTM 1 @ 20:41

almacen-de-vehiculos-no-recheo-de-bouzas.jpeg

A construción dos silos para vehiculos no recheo de Bouzas é unha obra ilegal.

Desde a rede de colectivos A Ría Non Se Vende lembramos que as administracións públicas deben ser as primeiras en cumplir a lei, mais é inaceptabel que a Autoridade Portuaria de Vigo sexa a primeira en infrinxila, ademais coa conivencia de todos os partidos con representación no Concello de Vigo.

A construción dos silos en altura para almacén de vehiculos no recheo de Bouzas carece da obrigada licencia municipal de obras, polo tanto esiximos aos responsabeis do Concello de Vigo que paralicen estas obras de inmediato.

Ler máis »

Concentración en apoio ao paro da pesca de baixura contra o porto deportivo de Massó en Cangas

edicosal — 07-09-2009 GTM 1 @ 14:51


cartaz200909111.jpg
Este vernes dia 11, a confraria de marinheiros de Cangas, junto com as outras confrarias da ria de Vigo, vam fazer um paro de toda a pesca de baixura, em protesta polas obras do porto desportivo de Massó, que de levar-se a cabo estragariam umha das zonas de maior riqueza biológica da Ria de Vigo especialmente rica em biodiversidade. Nela faenam arredor de 500 pessoas e dela tem-se sacado mais dumha tonelada de ameixa num só dia. Mas também polbo, camarom, navalha, ostra, centola, ourizos...

Alem desse paro vai haver umha concentraçom
às 11:00, diante das obras, em Massó, Cangas. No mar estaram concentrados os marinheiros com as suas embarcaçons, e em terra toda a gente que quera apoiar a sua luita. Participa!!!


NOM AO PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ

Concentracións diarias diante de Caixanova polas obras de Massó

edicosal — 07-09-2009 GTM 1 @ 14:09

Concentración diante de Caixanova en Vigo

A rede de colectivos "A Ría Non Se Vende", ven de organizar, durante todos os dias da pasada semana, concetracións informativas diante da oficina central de Caixanova, en Vigo, pola implicación que ten esta empresa financieira nas obras do porto deportivo de Massó en Cangas.

O PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ é un atentado contra a ría de vigo promovido por Caixanova, socio maioritario de Marina Atlántica.

Ocupación lámina de auga: 212.348 m2; Recheos: 40.000 m2

CAIXANOVA, accionista maioritaria, pretende aquí o maior pelotazo urbanístico de Galicia Os beneficios netos para os promotores estarían entre 250 e 300 millóns de euros (entre 40.000 e 50.000 millóns de pesetas). Así se explica o cúmulo de irregularidades, ilegalidades e o escurantismo administrativo de todo este proxecto desde o seu inicio. E tamén a manipulación informativa e a durísima represión contra quen amosa a súa oposición ao mesmo.

Ler máis »

O PXOM DE MOAÑA

salvemosmonteferro — 04-09-2009 GTM 1 @ 22:50

NOTA DE PRENSA DE "A RÍA NON SE VENDE"

A RÍA NON SE VENDE PRESENTARÁ RECURSO
CONTENCIOSO-ADMINISTRATIVO CONTRA O PXOM DE MOAÑA

foto591.jpg

A Ría Non Se Vende é totalmente contraria á aprobación provisional do novo PXOM de Moaña, elaborado pola empresa Arteplan e aprobado o pasado 14 de agosto en pleno municipal cos votos a favor de BNG, PSOE, InMo e PP, xa que:

Este novo PXOM aprobado provisionalmente non foi exposto a unha nova información pública a pesares das modificacións substanciais realizadas. O 6 de maio de 2008 mediante resolución a Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Transporte (CPTOPT) denegáballe ó concello de Moaña a aprobación definitiva do PXOM aprobado inicialmente o 29 de setembro do 2005 e ordenáballe corrixilo.

Non contou unha vez máis coa participación democrática efectiva e real da cidadanía na súa elaboración, non cumpre coas necesidades reais do municipio e d@s seus veciñ@s e menos aínda coa protección e conservación do medio ambiente e os seus recursos.

Ler máis »

Massó e o Tribunal Supremo: manipulación desinformativa

salvemosmonteferro — 10-08-2009 GTM 1 @ 17:57

A manipulación informativa dos medios de deformación de masas sempre vai parella á destrución do territorio e da riqueza común para beneficio duns poucos. É por iso que A RÍA NON SE VENDE ven de facer pública a seguinte Nota de Prensa:

O TRIBUNAL SUPREMO NUNCA SE PRONUNCIOU SOBRE A LEGALIDADE OU A ILEGALIDADE DO PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ

Nos últimos días foron varios os medios de comunicación que reproduciron unhas declaracións que en máis dunha ocasión repetiu a Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, sobre unha suposta sentencia do Tribunal supremo que avalaba a legalidade da concesión da licencia para o porto deportivo de Massó.

Pois ben, o Tribunal Supremo nin se pronunciou, nin pode, nin entende (de momento) sobre a legalidade ou ilegalidade desa obra e desa concesión. Ese asunto nunca chegou a ese Tribunal.

Quen debe pronunciarse sobre isto é o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en cuxas estanterías durme desde hai catro anos un contencioso presentado pola Confaría de Pescadores San José de Cangas, que parece agardar a que as obras estean rematadas.

Ler máis »

CANGAS ERGUEUSE EN CONTRA DO PORTO DEPORTIVO

monteferro — 03-08-2009 GTM 1 @ 09:51

Erguéndose sobre os ombreiros dos seus mariñeiros, Cangas falou alto e claro: Porto deportivo non!

Máis de cinco mil persoas amosaron onte a súa firme oposición á construción do porto deportivo en Massó nunha das manifestacións máis numerosas da historia da vila do Morrazo. A inmensa maioría dos comercios e bares permaneceron pechados desde as 19:30 ás 21 horas, colgando nas súas portas un cartaz de apoio á mobilización.

Manifestación en CangasEsta resposta masiva revela a inconsciencia e a indignidade das recentes declaracións do Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que aseguraba que os opositores ao porto deportivo eran “unha minoría moi minoritaria que non se presenta ás eleccións”.

De Louro e do Subdelegado en Pontevedra, Delfín Fernández, acordáronse onte @s manifestantes que abarrotaron as rúas de Cangas cando pediron en varias ocasións as súas dimisións así como a de Clara Millán, alcaldesa da vila (BNG).

Ler máis »

NOVA MANIFESTACIÓNCONTRA O PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ

edicosal — 26-07-2009 GTM 1 @ 13:35
MANIFESTACIÓN
CONTRA O PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ
Sábado 1 de Agosto as 20:00h dende a alameda vella de Cangas
Pala en cangas
Porto ilegal
sen licencia municipal

sen Plan de Usos
sen Plan Especi
al
sen PXOM
Destrúe postos de traballo
destrúe a ría
ameaza ao pequeno comercio
para beneficio duns poucos
saltando leis e acordos de goberno
con represión policial brutal

PARALIZACIÓN XA!!

Policía en Cangas

Gratitude desde a Coordinadora de Crentes Galegos/as

edicosal — 26-07-2009 GTM 1 @ 13:28
Compañeiras/os:
 
Despois de solidarizarnos onte publicamente polas rúas coruñesas, cos e coas compañeiras/os detidos en Cangas, por loitar pola saúde ecolóxica, paisaxística e económica e, encontra do deterioro da costa.
 
Desde a Coordinadora de Crentes Galegos/as queremos enviar unha agarimosa e solidaria aperta, de forma xeral a tódalas/os que diariamente ou ocasionalmente loitan pola causa en Cangas; e  en particular a os que foron detidos/as.
 
A nosa máis profunda gratitude pola súa xenerosa entrega.
 
Coordinadora de Crentes Galegos 

comunicado de luita verde sobre as agresions da garda civil en massó

edicosal — 26-07-2009 GTM 1 @ 13:22

Detencións salvaxes en MassóO Grupo Ecoloxista Luita Verde denuncia os abusos e a violencia con que se ensañou a Garda Civil o pasado luns 20 de xullo pola mañá nas persoas concentradas contra a construcción ilegal do porto deportivo de Massó en Cangas.

Entre das 16 persoas detidas estiveron dous membros de Luita Verde, Cándido Martínez e Ricardo Sanchez, que facendo en conxunto unha acción de asentada pacífica contra dunhas obras ilegais e perxudiciais contra do medio natural e a ría puideron obervar in situ as malas maneiras e as agresións por parte dos antidisturbios nas cargas, que causaron lesións a varias das persoas concentradas entre eles Ricardo Sánchez, que resultou pisoteado e agredido de porra nunha das súas pernas concretamente no tornocelo onde en vez de oso ten placas de metal con parafusos, sendo extremadamente dolorosos os golpes recibidos, tendo que ser ingrasado no hospital POVISA de Vigo para o seu tratamento. Tamén denunciamos que a parte das agresións físicas recibidas polos antidisturbios estivo a actitude agresiva e vexatoria por parte de varios membros adscritos ao Cuartel da Garda Civil de Cangas, nunha actitude de permanente de provocación e agresións verbais.

Ler máis »