SÁBADO 14 DE NOVEMBRO EN VIGO MANIFESTACIÓN CONTRA OS RECHEOS NA RÍA.

CATIVA SENTENCIA PARA UN TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA
Desde “A Ría Non Se Vende” pensamos que a sentencia que desestima o recurso contencioso administrativo, presentado pola confraria de mariñeiros de Cangas, contra a construción do Porto deportivo de Massó, presenta graves erros, contradicións, incongruencias, e omisións interesadas.
-
Non se entende como poden ter validez xurídica no mesmo expediente, dous informes, os dous vinculantes, con contidos absolutamente contradictorios e discordantes emitidos pola mesma Consellaría de Pesca, nin porqué se otorga prioridade ao segundo cando o primeiro, parte dun texto elaborado, pormenorizado e conciso acerca das gravísimas deficiencias que presentaba o proxecto e que non foi tido en conta na súa fase de tramitación, cando debera obrigar a corrixir as premisas básicas do proxecto nesa fase. O segundo informe non aparece asinado por ningún cargo da consellería, aparecendo só a sinatura dun técnico “en acuicultura”, que di “adaptar” o informe anterior.
-
Recolle que: “as obras que se realicen ao amparo dunha concesión portuaria precisan, en todo caso, da obtención dunha licencia urbanística, conforme ao previsto no artigo 19. 3 da LPMM”. Polo que non se podem levar adiante sen a tramitación desta, senon pode suceder como co Porto deportivo da Lagoa que ten orde de derrubo por carecer de licencia.
SABADO 26 DE SETEMBRO EN CANGAS "CONCERTO SOLIDARIO" S.O.S MASSÓ

ESTE SABADO 26 DE SETEMBRO "CONCERTO SOLIDARIO" SOLIDARIZATE COS MARIÑEIROS E VECIÑ@S QUE LEVAN CATRO ANOS IMPEDINDO A CONSTRUCIÓN DO PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ E A DEFENSA DA RIA E DA PESCA DE BAIXURA.
CONCERTO SOLIDARIO S.O.S MASSÓ
SABADO 26 DE SETEMBRO AS 21:30 hh
CAMPO DE FUTBOL DO MONTE CARRASCO - CANGAS
ACTUARÁN OS GRUPOS:
O SONORO MAXIN
DIOS KE TE CREW
STUPENDA JONES
DAKIDARRIA
ENTRADA - 5€ (a entrada de este concerto destinarase para facer fente as multas postas pola guardia civil e a Subdelegación de goberno de Pontevedra contra @s veciñ@s e mariñeiros)
ESTA VEZ NON PASARÁN ¡¡BASTA XA DE AGRESIONS Á RÍA!!
POLA CANCELACIÓN DA CONCESIÓN DE MASSÓ
Na pasada semana asistimos a unha nova mascarada política no Parlamento de Galicia en relación co conflito de Massó.
Mentres o PP aseguraba que o Concello de Cangas pode parar as obras do porto deportivo "cando queira", o BNG sostiña que tal decisión debe tomala a Autoridade Portuaria, dirixida pola popular Corina Porro. Nesta ocasión pensamos que os dous teñen razón. Calquera deles pode parar dunha vez por todas esa desfeita.
A alcaldesa de Cangas (BNG) ten na súa man paralizar de xeito inmediato unhas obras que carecen da pertinente licencia municipal, licencia que os promotores do porto deportivo nin tan sequera se dignaron solicitar, e que hai contundentes razóns xurídicas para non conceder. Neste asunto o BNG practica unha dobre política cargada de hipocrisía: Oponse á realización das obras nas instancias onde carece de poder para paralas (no parlamento galego e no español) e deixa facer onde si ten esa capacidade: no Concello de Cangas. Eles saberán por que...
comunicado de ARNSV sobre o novo proxecto do paseo de Samil
Ante a nova tolemia de Abel Caballero sobre a praia de Samil, non podemos quedar calados, polo que queremos expresar a nosa opinión por medio deste comunicado:
As dunas son ecosistemas vivos moi dinámicos e fráxiles, mais á vez de grande importancia para a conservación da biodiversidade, para a rexeneración das praias, e como proteción da costa contra o embate do mar.
Nos lugares onde existe o cordón de dunas costeiras, este garante a existencia de praias anchas, porque son o almacén natural de area que asegura prontamente unha recomposición da praia despois de cada temporal. Se non se respetan as dunas, por moito que se quera ampliar unha praia cara atras a praia seguiria co mesmo tamanho, porque cando o embate do mar leve as areas, non estarán as dunas para recuperar a praia de xeito natural.
Comunicado de apoio a Zelia, reporteira de GZvideos
A rede de colectivos “A Ría Non Se Vende” solidarizámonos coa compañeira Zelia G., reporteira de “GZvideos” procesada este xoves 17 de setembro nos xulgados de Fontiñas, en Compostela, por filmar unha cadea humana pola liberdade dos presos independentistas o pasado 24 de Xullo.
Consideramos este xuizo como unha farsa e un ataque á liberdade de expresión, baseado en falsas acusacións saidas dunha minuscula imaxinación policial, e un paso mais na persecución a este medio de información alternativa, que xa leva duas persoas procesadas.
Queremos destacar a grande valia de este colectivo de contrainformación audiovisual e do seu excelente traballo, que con moi poucos medios, son capaces de fazer visíbeis as luitas populares, de denunuciar a represión e de difundir as reivindicacións e as problemáticas sociais que tratan de silenciar os medios de comunicación tradicionais.
Consideramos que “Gzvideos” é un imprescindíbel medio de información alternativa, de pensamento crítico, feito desde e para os movimentos sociais que traballan para cambiar este mundo, por fazelo mais xusto, igualitario e equilibrado social e ecoloxicamente.
ZELIA ESTAMOS CONTIGO.
LIBERDADE DE EXPRESIÓN XA!!!
A Ría Non Se Vende
11 de setembro: Trascendental xornada de loita en defensa do Salgueirón
PARO TOTAL DA FLOTA DE BAIXURA E DAS LONXAS DA RÍA DE VIGO
CENTOS DE BARCOS SE CONCENTRARON NO SALGUEIRÓN E UNHA MANIFESTACIÓN PERCORREU AS RÚAS DE CANGAS
O de onte foi outro día importante na longa loita de Cangas en defensa do Salgueirón. Unha loita que xa non é só de Cangas senón de toda a ría, porque onte toda a Ría de Vigo estivo alí, diante da antiga fábrica de Massó.
O seguimento da folga convocada esixindo a paralización inmediata das obras do porto deportivo foi total. Tódalas lonxas da ría permaneceron pechadas, coa excepción da de Vigo onde só se descargou pesca de altura. A flota pesqueira, bateeira e marisqueira permaneceu amarrada ou concentrouse na zona do Salgueirón, onde máis de duascentas embarcacións procedentes de tódolos portos da ría, e algúns de fora dela, fixeron sonar as súas sirenas insistentemente desde as 11 da mañá. Mesmo había un barco da Garda Civil que tamén se quixo sumar á xornada reivindicativa. Menos este, todos os demais lucían bandeiras nas que se podía ler “Caixa rouba: Stop Massó” e moitos portaban grandes faixas con distintas consignas.
En terra centos de persoas acudiron a recibilos entre aplausos e berros de “goberne quen goberne Massó non se vende”, respondendo así á convocatoria de A RÍA NON SE VENDE a pesar de tratarse dun día laborable.
Comunicado de "A Ría Non Se Vende" sobre a ilegalidade da construción dos Silos no recheo de Bouzas

A construción dos silos para vehiculos no recheo de Bouzas é unha obra ilegal.
Desde a rede de colectivos A Ría Non Se Vende lembramos que as administracións públicas deben ser as primeiras en cumplir a lei, mais é inaceptabel que a Autoridade Portuaria de Vigo sexa a primeira en infrinxila, ademais coa conivencia de todos os partidos con representación no Concello de Vigo.
A construción dos silos en altura para almacén de vehiculos no recheo de Bouzas carece da obrigada licencia municipal de obras, polo tanto esiximos aos responsabeis do Concello de Vigo que paralicen estas obras de inmediato.




















Chúzao |
del.icio.us 