Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

Categoría: Artigos

Campaña Bandeiras Negras 2008 iniciarase na Ría de Vigo

sabela 19/07/2008 @ 13:39

1809019749_1f5bace352.jpgCoa chegada do veleiro Deusa Maat a Vigo, o próximo 23 de xullo, Ecoloxistas en Acción, Verdegaia e a rede “A Ría Non se Vende” presentarán o informe “Bandeiras Negras 2008” sobre a alarmante situación dos ecosistemas litorais do Estado español, e concederán Bandeiras negras e Puntos Negros ás zonas máis agredidas do litoral vigués.

917218090_eafbde8001_m.jpgEste verán o veleiro Deusa Maat da confederación Ecoloxistas en Acción diríxese ao Mar Cantábrico para realizar unha análise da situación dos ecosistemas costeiros e mariños da zona e, ver como o estado destes inflúe sobre a economía e modos de vida das diferentes localidades costeiras, seleccionando algunhas das máis representativas para obter esta análise. O Deusa Maat conta con científicos mariños entre a súa tripulación que relacionarán os datos públicos dispoñibles cos datos obtidos coa instrumentación que conta o veleiro.

Ecoloxistas en Acción, a asociación ecopacifista galega Verdegaia e a rede “A Ría Non se Vende”, convocarán o mércores 23 de xullo, ás 11:00 horas, unha rolda de prensa no Porto de Vigo para dar comezo á campaña “Bandeiras Negras 2008”. Darase a coñecer en detalle a realidade do litoral español, galego e vigués.

banderas_negras.jpg Durante todo o día os colectivos ecoloxistas, veciñais e sociais colocarán Bandeiras Negras e Puntos Negros en diferentes praias e zonas litorais da Ría de Vigo ameazadas fundamentalmente pola especulación urbanística desmesurada, a ampliación de infraestruturas como o porto de Vigo e os portos deportivos, a escasa e inadecuada depuración das augas residuais, verteduras industriais, así como os recheos. Convócase a todas as persoas interesadas a participar nestas accións de denuncia. Tamén se pode visitar o veleiro Deusa Maat, durante o seu amarre en Vigo e en Cangas. Así mesmo haberá unha exposición e xogos didácticos.

Ler máis »

Vigo: charla informativa sobre o Encontro Social Alternativo ao Petróleo

sabela 23/06/2008 @ 22:58

O acto terá lugar o martes, 24 de xuño ás 20:30 no Centro Social A Cova dos Ratos (Rúa Romil, 3 baixo), e entregarase material informativo e o programa das actividades paralelas ao Congreso Mundial do Petróleo en Madrid.

k.bmp

Achégase o verán e, ademais de traernos sol e "bo tempo", este ano ameázanos coa ocupación de Madrid por un tenebroso lobby. Así, entre o 29 de xuño e o 3 de xullo, 4.000 delegados reuniranse en Madrid no marco do Congreso Mundial do Petróleo. Tras este pomposo nome xuntaranse os representantes do, probablemente, lobby máis poderoso do Planeta (o petroleiro).

A industria petroleira reúnese en Madrid mostrando a súa cara máis amable ante a opinión pública mundial. As petroleiras queren impor a mensaxe de que debemos apoiar o seu negocio porque non poderiamos ter unha calidade de vida "digna" sen el. A enorme dependencia destes combustibles crea gravísimos problemas, como o empobrecemento da maioría das poboacións do sur, estrangulándoas con prezos impagables polos alimentos, provoca a guerra en rexións con xacementos, como é o caso de Iraq e todo Oriente Medio que ten máis do 60% das reservas de petróleo coñecidas e o 40% do gas, é a principal causa do cambio climático polas súas emisións de CO2 (o 34% de todos os gases de efecto invernadoiro procede do petróleo e do gas). Ademais provoca a contaminación continuada de mares e costas en todo o planeta polo constante explotación e transporte do cru. Ata o seu procesamento en refinerías arrisca a saúde e seguridade da poboación da contorna, ao que se engaden as mortes causadas polo tráfico.

Por estes motivos, máis de 60 organizacións de diferentes movementos sociais organizan a partir do próximo venres, o Encontro Social Alternativo ao Petróleo (ESAP).

O próximo fin de semana celebraranse en Madrid os actos de protesta contra o Congreso Mundial do Petróleo.

Adxunto enviamos o programa completo do ENCONTRO SOCIAL ALTERNATIVO Ao PETRÓLEO, que terá lugar do 27 ao 29 de xuño en Madrid e ao que convocan máis de 60 organizacións, entre elas tamén Verdegaia.

É urxente saber se somos suficientes persoas para organizar un autobus de Galicia a Madrid que sairía o venres pola noite e estaría de vualta o domingo pola noite.

As persoas interesadas deben chamar ao 619 94 90 53.

Hai unha zona de acampada (aloxamento gratis) onde se poden montar tendas (pero se necesita levar todo o material para acampar).

Se algunha persoa necesitase durmir nunha casa que se poña cos teléfonos 626 682 685 /662 448 924.

Anímase a todos os grupos a desprazarse a Madrid nesas datas ou a realizar accións paralelas nos seus distintos sitios.

Tedes toda a información en: www.nomassangreporpetroleo.org

Caixa dos correios: vigo@verdegaia.org
http://www.verdegaia.org

Nota de Prensa de Bouzas-móvete ante os proxectos de ampliación do Porto de Vigo

edicosal 29/03/2008 @ 13:47

Plano da ampliación do macro-recheo de Bouzas en 83.024 m2

Mais unha vez, se demostra que a cobiza do Porto non ten límite, agora din que precisan 230.000 m2 mais de recheo para ser competitivos até o ano 2015, e despois que? seguiran recheando a Ría até convertila nun canal portuario?

Desde o Colectivo Bouzas-Móvete, levamos un par de anos dicindo que se queren gañar espazo deverian retirar as naves e industrias que non estan relacionadas coa actividade portuaria, cousa da que se empeza a falar agora, aunque con condicionantes, de se aparece terreo perto, de se esperan a que caduquen as concesións... Mais estas concesións foron feitas de xeito ilegal, incumplindo sistematicamente o artículo 32.1 da Lei de Costas, por unha directiva do Porto que xa falaba de falta de espazo e da necesidade de recheos, en aquel momento.

Ler máis »

AENA Á CAZA

oar 02/03/2008 @ 00:18

0698203001204305041-as-arbores-eran-carballos-na-sua-maioria.jpgDende OAR queremos chamar a atención sobre uns feitos e unha información recibida de Matar por Matar, e aproveitamos este espazo para difundilo, que para eso foi creado. Manifestar tamén nosa solidaridade co denunciante, cos traballadores de AENA e Matar por Matar.

O gallo da denuncia feita por Matar por matar NON, da tala indiscriminada de árbores que está sendo levada a cabo no Aeroporto de Vigo, parece que se iniciou a típica reacción do poderoso, que non acepta que se cuestionen os seus actos, de tentar amedrentar e matar ó mensaxeiro.

Seica están molestos pola repercusión do asunto e, lonxe de recapacitar na súa acción, xa enviaron un escrito ó traballo do denunciante acusándoo de supostos insultos que non se especifican.

Non só parece un intento de amedrentar como, ademais, mesturan asuntos privados de un cidadán, con a súa vida laboral. Non hai traballo e aí é onde mais doe.

Son moitos os traballadores do aeroporto que manifestaron a súa solidariedade con esta denuncia, así como a impotencia que senten de ter que calar en moitos outros casos, por medo ó poder do “departamento xurídico”, que AENA xa manifestou que está mobilizando contra o denunciante desta desfeita.

É lamentable que, no día dos feitos, milleiros de pasaxeiros e centos de traballadores, teñan visto o que acontecía sen que houbera ninguén para sinalar que algo estaba errado.

Esa é a proba do temor que existe ó sistema. Algo fallou no silencio masivo e hai que cortar polo san e impedir que o exemplo se estenda.

Non nos vamos sentir intimidados e continuaremos a denunciar os abusos que, agochados no medo xeneralizado, pretendan levar a cabo impunemente.

Os resultados dos seus actos á vista están, non foron os traballadores quen levaron o planeta ós problemas que hoxe nos están afectando. Foi a codicia dos que queren gañar cartos a calquera custo.

Agardamos que a xustiza, se aí hai que chegar, poña en evidencia, tamén neste asunto, as malas artes de quen non sabe valorar o noso medio ambiente e a nosa riqueza natural.

I Xornada Labrega no C. S. A Formiga

oar 22/02/2008 @ 15:18

sacha-2.bmp

Hai uns días, Ricardo de OAR, recibiu un correo electrónico de Raquel, responsanbel do Centro Social A Formiga, convidando @s membr@s de OAR a participar o sábado, 16 de febreiro, nunhas labouras labregas, nunhas terras de labradío abandoadas acarón do C. S. A Formiga. Hai que decir que houbo escaso interese ou falta de tempo, que se traduciu en pouca participación pola nosa parte (OAR) na xornada labrega. Pola mañá, só asistiran Raquel e Ricardo.

Accidentalmente apareceu Víctor (OAR), e probou un par de horas a súa detreza no manexo da sacha. Tódol@s participantes puxeron o mellor deles nun intento de posta en valor do recurso natural a día de hoxe abandoado, que esperemos no futuro de os seus froitos, e poidan, se non convidarnos, si polo menos facer unha cuchipanda vexetal entre os labregos.

Temos que decir que non todo foi traballo e sacha. Á hora de xantar, recibiron a visita de Mario e dous amigos do CS a Formiga, que acompañaron e compartiron solidariamente a súa comida c@s nov@s labreg@s. As empanadas de Raquel e o viño caseiro de Ricardo, as conversas e o comer relaxado foron do máis reconfortante, despois dunha dura xornada de rompelo lombo contra a dura terra. Ningunha comida sabe igual nun entorno natural e despois do duro traballo no campo. Creedeme tédelo que probar.

Logo pola tarde, Mario e Raquel continuaron na leira.

A experiencia do sábado, vai a máis e no C.S. plantexanse organizar unhas verdadeiras xornadas abertas a tod@s e lograremos colectivamente aprender algo máis dos procesos de cultivo e producción de alimentos naturais (cas nosas propias máns e, por exemplo, libres de químicos).

E DALLE!!

forosocial 08/01/2008 @ 13:09

que lambonada de terreos!

La promotora reactiva el plan de Foster en Cangas
Marina Atlántica iniciará de inmediato la construcción del puerto deportivo, que lleva aparejadas 750 viviendas

PRIMITIVO CARBAJO-EL PAIS - Vigo - 05/01/2008

Residencial Marina Atlántica, promotora del proyecto del arquitecto Norman Foster en los terrenos de O Salgueirón, en Cangas, reiniciará en la segunda quincena de este mes las obras del puerto deportivo, paralizadas desde octubre de 2005 por el obstruccionismo del Foro Social pola Defensa do Pobo.

Ler máis »