Massó e o Tribunal Supremo: manipulación desinformativa
A manipulación informativa dos medios de deformación de masas sempre vai parella á destrución do territorio e da riqueza común para beneficio duns poucos. É por iso que A RÍA NON SE VENDE ven de facer pública a seguinte Nota de Prensa:
O TRIBUNAL SUPREMO NUNCA SE PRONUNCIOU SOBRE A LEGALIDADE OU A ILEGALIDADE DO PORTO DEPORTIVO DE MASSÓ
Nos últimos días foron varios os medios de comunicación que reproduciron unhas declaracións que en máis dunha ocasión repetiu a Presidenta da Autoridade Portuaria de Vigo, Corina Porro, sobre unha suposta sentencia do Tribunal supremo que avalaba a legalidade da concesión da licencia para o porto deportivo de Massó.
Pois ben, o Tribunal Supremo nin se pronunciou, nin pode, nin entende (de momento) sobre a legalidade ou ilegalidade desa obra e desa concesión. Ese asunto nunca chegou a ese Tribunal.
Quen debe pronunciarse sobre isto é o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG), en cuxas estanterías durme desde hai catro anos un contencioso presentado pola Confaría de Pescadores San José de Cangas, que parece agardar a que as obras estean rematadas.




















Chúzao
del.icio.us
Esta resposta masiva revela a inconsciencia e a indignidade das recentes declaracións do Delegado do Goberno en Galicia, Antón Louro, que aseguraba que os opositores ao porto deportivo eran “unha minoría moi minoritaria que non se presenta ás eleccións”.