Diante da desproporcionada e inxustificada intervención onte en Cangas dos axentes antidisturbios da Garda Civíl contra as persoas que dun xeito pacífico amosaban o seu desacordo coas obras de construción dun porto deportivo nos terreos da antigua fábrica de conservas Massó, a Asociación pola Defensa da Ría de pontevedra (APDR) quere facer público o seguinte comunicado:
1º.- Solidarizámonos cos detidos e feridos nesa intervención policial e amosamos o noso apoio decidido a todas cantas persoas e colectivos manifestan a súa oposición á costrución do antedito porto deportivo e, xa que logo, loitan pola defensa da ría e do medio ambiente natural. Por desgraza, son moitas as agresións que o noso medio está a sofrir a cotío e moitas tamén as ocasións nas que os intereses económicos e especulativos duns poucos son primados desde as administracións en contra dos dereitos da maioría a disfrutar da paisaxe, do medio ambiente e dunha calidade de vida digna.
Ler máis »