Administra o teu Blogue

¡Crea o teu Blogue Xa! Doado e Gratis

A Ría non se vende

13 de Marzo. VIGO: 9º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

edicosal — 08-03-2010 GTM 1 @ 09:40
Galiza Non Se Vende

Sábado 13 de Marzo. Vigo:

Ás 00:00 h. na Sala A Farándula (Praza de Portugal)

Actuarán:
  • Traspés                    Gaiteir@s e pandereteir@s
  • O Tear de Llerena   Pandereteir@s
  • Gendbeat                 Beatbox/birimbao
  • Os Vacalouras         Pataca and roll
  • Leo e Gabi                Música tradicional

Colaboración 3 Euros

É hora de paralizar as agresións á nosa Terra!

É hora de empezar a liberar esta sociedade, que leva anos secuestrada, para que participe nos procesos de decisión que lle afectan directamente. É hora de que se teñan en conta aos colectivos sociais e á cidadanía.

Chegou a hora da demolición, de todas as aberracións urbanísticas, naves empresariais, paseos de formigón no litoral, recheos e portos deportivos, industrias perigosas e contaminantes...

É hora de que se respecte a biodiversidade da nosa Terra, o medioambiente e a paisaxe.

 É hora de que se deixen de privatizar os servizos sociais. É hora de parar a especulación.

É hora de fazer respetar a nosa lingua, a nosa cultura e a nosa identidade.

Non vamos consentir máis agresións á nosa Terra.

Non vamos consentir que sigan destruíndo, privatizando ou especulando coa nosa Terra, cos nosos montes, co noso mar, coa nosa paisaxe, nin coa nosa forma de vida.

Por iso, hoxe máis que nunca, queremos dicir con voz forte e clara:

 GOBERNE QUEN GOBERNE, GALIZA NON SE VENDE!!!

O 21 de Marzo, tod@s á Compostela:

MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO

aś 12:00 desde a Alameda.

Pola defensa do litoral.

Por unha ordenación racional do terrtorio.

Pola soberania alimentaria e enerxética.

Por outro modelo de transporte.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

Conferencia "O futuro do tren de cercanías en Galicia"

oar — 06-03-2010 GTM 1 @ 19:01
dsc02669.JPG

Os colectivos Plataforma Salva o Tren, a Plataforma Cidadá Contra a Autovía de Redondela (membr@ da Rede A Ría Non se Vende) e a Asociación Alén Nós, queremos convidarvos a asistir á Conferencia-presentación de estudo titulado " O Futuro do Tren de Cercanías en Galicia", que se celebrará o vindeiro xoves, 11 de marzo do 2.010, ás 19:30 horas, no Multiusos da Xunqueira, (paseo da Xunqueira sen Número) de Redondela ca intervención de Manuel Xesús Amenedo Otero, Inxeneiro Tecnico de Obras Públicas pola Universidade de Burgos; Fernando Gómez Camarero, Coordinador Xeral de SALVA O TREN; e Lucía Latorre Búa, Portavoz de SALVA O TREN.

Ler máis »

Monteferro no Avance do PXOM: cemento, ladrillos e area

salvemosmonteferro — 02-03-2010 GTM 1 @ 12:43

foto48.jpg
O pasado sábado Salvemos Monteferro fixo pública unha nota de prensa na que daba conta da sorpresa e indignación que supuxo para este colectivo o Avance do PXOM de Nigrán, onde se contempla a cualificación como “zona urbanizable” para 20.000 m2 dese espazo natural senlleiro da Ría de Vigo.

Isto sucede cando o Consello Sectorial (no que está integrado o propio colectivo con máis de 20 asociacións de todo o concello) acababa de presentar as súas propostas nas que se reclamaba a maior protección para Monteferro, así como restrinxir ao máximo a construción de novas edificacións e infraestruturas na zona litoral.

Salvemos Monteferro naceu hai catro anos para parar un intento de urbanización do monte. Desde aquela choveu moito. Gañamos aquela batalla e, pouco despois, xunto ás asociacións veciñais de Nigrán, botamos abaixo un PXOM que apestaba a corrupción (aínda queda por aquí un resto daquel cheiro fedorento). Unha revolta popular pola que moit@s veciñ@s e compañeir@s pagamos un alto prezo.

Logo houbo eleccións e o PP foi derrotado. PSOE e BNG comparten agora os sillóns da Casa do Concello. Empezamos un novo PXOM con promesas solemnes de participación e transparencia. Pero volvemos ás andadas. Pois ben, nós seguimos e seguiremos sempre onde estabamos: Nigrán non se vende, Monteferro non se vende!!!

Para ler integramente a breve nota de prensa, ver unha recreación virtual da desfeita proxectada e engadir ao final un comentario (é importante para nós que o fagades) non tedes máis que pinchar aquí.

Salvemos Monteferro!!!

CANGAS DO MORRAZO: 8º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

edicosal — 01-03-2010 GTM 1 @ 00:21

Caravana de Galiza Non Se VendeCANGAS DO MORRAZO:

CANGAS DO MORRAZO:

Sábado 6 de Marzo:
Ás 21:00 h. no Centro Social A Tiradoura

Agardámosvos a tod@s!!!

Actuarán:

* Selegal              Música tradidicional africana
* Lost Name         Rap
* Codia e Miolo    Teatro humorístico
* Chacarrandaina Música tradicional galega
* O neto de Manoel ….

Colaboración 3 Euros

Quando se cumpre um ano da chegada do PP ao goberno da Xunta, comprobamos que, como se esperaba, vamos de mal en peor. Os recursos naturais da nosa Terra continuan entregandose para servir aos intereses económicos das grandes empresas, cada vez dun xeito mais descarado.

Asfalto e formigón non son progreso. O tixolo e a marbellización do litoral galego non solucionan nada, senon están no cerne do problema. A acuicultura industrial destrúe a terra e o mar. Os recheos nas rías estragan a riqueza natural destas. A minaría a ceo aberto erosiona a biodiversidade e mata o medio rural. Os portos deportivos indiscriminados alteran as correntes e destrúen recursos pesqueiros… As políticas de destrución ambiental e social son absurdas e suicidas, por moito que haxa quen se lucre con elas.

O 21 de Marzo, tod@s á Compostela:

MNIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO

aś 12:00 desde a Alameda.

Pola defensa do litoral.

Por unha ordenación racional do terrtorio.

Pola soberania alimentaria e enerxética.

Por outro modelo de transporte.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

NIGRÁN: 7º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

edicosal — 23-02-2010 GTM 1 @ 14:43
Caravana Galiza Non Se VendeNIGRÁN:
Sábado 27 de Febreiro:
Ás 20:00 hh. Concerto na Sala Clandestino en A Ramallosa, Nigrán.
Actuarán:
  • Abóbriga       Música tradicional/contemporánea
  • Cabesa de boi   Monólogo de humor
  • Los del barro    Versións - Baiona
  • Kallaikoi            Punk/rock - Baiona

Colaboración 3 Euros


O 21 de Marzo, tod@s á Compostela:

MNIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCIÓN DO TERRITORIO

aś 12:00 desde a Alameda.

 

Por un Plan do litoral que protexa toda a nosa costa.

Por unha ordenación racional do terrtorio.

Pola defensa dos sectores primarios: Soberania alimentaria e enerxética.

Por outro modelo de transporte.

 

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s


http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

PONTEDEUME 6º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

edicosal — 23-02-2010 GTM 1 @ 14:34

PONTEDEUME:Caravan Galiza Non Se Vende

Sábado 27 de Febreiro:
Ás 19:00 hh. Pasaruas
pola vila.
Ás 21:00 hh. Concerto no Centro Social Ocupado A Casa da Estación onde
actuarán:

  • Xorxe Mirancos       Cantor música galego-portuguesa
  • Tonhito de Poi         Rock
  • Mencer Vermelho    Rock oi

Colaboración 3 Euros


Esta Caravana, que está percorrendo as principias vilas e cidades de Galiza, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela, que sairá ás 12 da mañan da Alameda, en contra da destrución do territorio (a terra, o mar, o aire, os ríos... e os recursos naturais todos). Porque sin territorio non hai vida, non hai cultura, non hai música, non hai nada.


Por un Plan do litoral que protexa toda a nosa costa.

Por unha ordenación racional do terrtorio.

Pola defensa dos sectores primarios: Soberania alimentaria e enerxética.

Por outro modelo de transporte.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s


http://www.myspace.com/caravanagalizanons

BERTAMIRÁNS: 5º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

edicosal — 17-02-2010 GTM 1 @ 12:25

BERCaravana de Galiza Non Se VendeTAMIRÁNS:

Sábado  20 de Febreiro, ás 19:30 hh, no Centro Social A Fouce.

Actuarán:

* Mini e Mero, do grupo A Quenlla. Música de raiz.

Entrada de Balde

Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande MANIFESTACIÓN CONTRA A DESTRUCCIÓN DO TERRITORIO:

Domingo 21 de Marzo ás 12:00 na Alameda de Compostela

SALVEMOS A COSTA, NON AO PLAN DO LITORAL
POR UNHA ORDENACIÓN RACIONAL DO TERRITORIO
POLA DEFENSA DOS SECTORES PRIMARIOS: SOBERANIA ALIMENTARIA E ENERXÉTICA
E POR OUTRO MODELO DE TRANSPORTE.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

OURENSE 4º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

edicosal — 07-02-2010 GTM 1 @ 00:42

Caravana de Galiza Non Se VendeOURENSE: Xoves 11 de Febreiro, no entroido ourensán, ás 21:30 no Café Cultural Auriense (Praza do Correxidor).



Actuarán:
  • Sotazero Rumba catalá-Barcelona
  • Selectah in helicopta Sistema de son-Vigo
  • García MC DKTC +Gendbeat Ragga/Beatbox
  • +Sorpresa!!          

Colaboración 3 Euros


Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

A privatización e venta do que sempre foi noso, a nosa costa, as nosas rías, o noso vento, os nosos montes, os nosos ríos... supón depredar o territorio físico común para mercantilizalo en proveito duns poucos. Os beneficios son para as grandes empresas, para os grandes capitais, pero os seus custes externalízanse socialmente, e supoñen a destrución dunha natureza privilexiada, do medio ambiente, da paisaxe, e do noso tecido económico e social. Estes custes pagámolos todas e todos nós.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s


http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

PONTEDEUME 3º CONCERTO DA II CARAVANA REIVINDICATIVA DE GALIZA NON SE VENDE

edicosal — 02-02-2010 GTM 1 @ 21:47

Caravana de Galiza Non Se VendeSábado 6 de Febreiro ás 21:00 no Centro Social Ocupado "A Casa da Estación"
Actuarán:

  • Inllorfeis  HarrdCore/ Punk desde Corrubedo
  • Los Krasta  Punk desde Ribeira

Colaboración : 2 euros


Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

A clase política é culpabel da catástrofe ambiental que sofre a nosa terra. Uns e outros, todos eles, préganse como nunca á avaricia dos grandes intereses económicos que subvencionan aos seus partidos. Por iso, coa voz dos seus amos, pretenden enganarnos con palabras como progreso, desenvolvemento, crecemento… engadindo sempre, como unha xaculatoria hipócrita, a palabra “sostibel”. En realidade o crecemento é só para aqueles que lles pagan. Os recursos de Galiza (e os do planeta) son limitados, e esta carreira de depredación e espolio é un camiño que non leva a ningures. Ou que leva só a hipotecar o futuro dos nosos fillos e a deixar miseria como herdanza ás próximas xeracións.

 

É hora de pararlles os pés a esta panda de corruptos

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s


http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

O PORRIÑO 2º Parada da II Caravana reivindicativa de GNSV

edicosal — 30-01-2010 GTM 1 @ 22:45

O Porriño II Caravana de GNSVO Porriño:

Sábado 6 de Febreiro ás 23:00 na Sala Liceum
Actuarán:

* Malandromeda Hip Hop desde Compostela
* Gendbeat Beat Box desde Cerceda
* DJ Tuchi Hip Hop de O Porriño
* DJ Digro Hip Hop de O Porriño

Colaboración 3 Euros

Esta Caravana, que percorrerá as principias vilas e cidades de Galicia, rematará o 21 de Marzo, cunha grande manifestación en Compostela en defensa do territorio.

A venta do noso vento, da nosa costa, das nosas rias, do Courel, supón depredar o territorio fisico común para mercantilizalo en beneficio duns poucos. Privatizando beneficios e socializando os costes. O benestar colectivo non debe basearse na explotación nin das persoas nin da terra que habitamos. Este modelo caduco levounos a esta crise que todos padecemos. Galiza Non se Vende pretende porlle freo a esta locomotora que esta a avanzar queimando os seus propios vagóns nunha tola carreira cara ningures.

Goberne quen goberne Galiza Non Se Vende

Terra viva e vida digna para tod@s

http://www.myspace.com/caravanagalizanonsevende
http://galizanonsevende.org/

Comentar esta nova...